domingo, 7 de mayo de 2017

71339T


71339T



                LUNS, 19 DE ABRIL DE 1940

Outro día máis aquí, na mesma cela de sempre, a cela 1749. Son, con diferencia, o prisioneiro que máis torturaron e que todavía segue vivo, pero ao que máis respetan. É probable que por iso siga aquí, con vida.

Isto non vai durar moito así que neste día, vou escribir nunha carta un anaco da miña vida para que comprendades porque estou aquí.

Nacín o 30 de xaneiro do 1920, no seo dunha familia acomodada, dos barrios de maior poder adquisitivo de Alemaña. Fun a un colexio privado, dos máis caros, onde era un estudante excelente, referíndose ás notas, porque o meu comportamento… Simplemente me rebelaba co obxectivo de crear polémica e levar sempre a contraria. Dicían que era un rapaz moi aposto, alto, rubio, de ollos azuis e a tez branca como a neve. A miña querida época de escaparme de casa polas noites para ir fumar cos meus amigos a escondidas para que non se enterasen os meus país, cousas normais da xente desa idade.

Agora pasamos a este ano, este ano… está sendo moi duro para todos, pero especialmente para os xudeos, tamén para os xitanos, homosexuais… en xeral, calquera que non fose coma nós.

Estabamos na guerra, en plena gerra. Era un día calquera pola mañán, moi cedo e íamos co xeneral Eberhard por unha rúa de Berlín, para controlala, cando de súpeto percibimos un ruído, era como o choro dun neno pequeno. Atopamos un neno duns catro anos, cunha irmá pequena que tería uns dous anos. A nena choraba, choraba moito a carón da súa nai que caera rendida, morta. Simplemente eran nenos, pero eran xudeos.

O xeneral mandoume matar a nena e levar o neno ás aforas, ao campo 1397. Eu quedeime sen palabras, cómo ía matar unha nena de dous anos?. Matei a moita xente coas miñas mans, mulleres e homes, pero aos rapaces só na cámara de gas, nunca mirándolles aos ollos. Non podía facer iso, planteille cara ao mandamáis. Negueime a matala, pero el tiña o dobre de idade, o dobre de autoridade e nunca na súa vida lle desobedeceran.

Ordenou ao meu mellor amigo dende pequenos, Florian Folker, que me agarrase as mans e que outros dous soldados me suxetasen. Resistíame pero era inútil, non podía con eles. Meu amigo colleume a man, púxome a pistola, apuntou a nena á cabeza, que seguía chorando. Eu decateime de que me susurraba unhas palabras ao oído e concentreime en entendelas, chamoume Gavilán, o apodo que me puxera unha vez cando éramos  pequenos, e a continuación, un “síntoo”. Apretou o gatillo, os choros cesaron e mirei ao seu irmán, que a tiña nos seus brazos ata que o xeneral  lla arrebatou. O rapaz miroume, con bágoas nos ollos, e eu, intentando non chorar díxenlle que o sentía, que eu non quería.

Nada máis pronunciar esas palabras o mandamáis, mentres levaban ao neno, ordenoulles que me deran unha paliza só para quentar, a primeira de tantas.

Ao día seguinte levanteime co nariz e cinco costelas rotas, o labio partido, pero isto non era escusa para non ter que me levantar ás cinco da mañán e entrenar cos meus compañeiros. Pero tiñan outros plans para min. Nada máis levantarme leváronme para falar co xeneral. Ao entrar pensou que me ía disculpar. Eu nin lle deixei rematar a frase, so lle dixen que era un asesino, violador e un cobarde. Houbo un longo silencio, máis longo do esperado. Abriu a boca para dicir que era un estúpido pero que admiraba o meu valor, pero que non mo ía permitir. Mandoume saír, pero eu quería información. Necesitaba saber algo do rapaz.  Desafieino coa mirada, díxome que como non me largase de inmediato mandaría matalo. Saín a almorzar, pero a medio camiño asaltáronme e perdín a consciencia. Desperteime tres horas máis tarde, na sala de castigo, onde só a min se me ocorre dicir que non ía disculparme e que non me arrepentía de nada. Fixéronme cousas que é mellor non contar, as que antes fixera eu a outros que, coma min, nos estanban dacordo co que estaba a pasar.

Aos quince días escapeime pola noite ao campo 1797, pedín que sacaran a 71339T, o número asignado ao pequecho. Saqueino de alí e leveino a casa dos meus país, onde tiñan un pasadizo secreto que levaba hacia un búnquer e a outra casa que tíñamos a 20 minutos camiñando.

Volvín, era a única maneira de que non os seguirán. Xa me estaban esperando, encerráronme na mesma cela na que estou agora. Tras varios interrogatorios que foron en vano, decíanme que sería moitísimo mellor que cooperara e que lle dixese onde se atopaba o neno, que nunca lle farían dano. Esperaban que eu me crese iso, a cantos enganei con palabras parecidas en situacións límites para os torturados.

Un mes despois, escoiteille dicir a un soldado que sabían porqué seguía aquí con vida en vez de estar morto, como moitos outros. A razón é que Eberhard admiraba a miña resistencia, integridade e valor, cousa que non se podía permitir perder no seu exército. O que máis me sorprendeu foi o que dixo a continuación, que fun o mellor soldado que tivera na súa vida e que só necesitaba que me domase.

Foi entón cando comprendín que ía morrer nesta cela porque non ía matar nin a unha mosca, xa matara demasiado, xa fixera cousas horribles. Agora teño moito tempo para pensar, para pensar e recapacitar sobre a miña vida, sobre a xente que matei só por relixión, polos seus oríxenes ou porque estaban no sitio equivocado, para pensar nas cousas que fixen e as que non farei e para non esquezer ao rapaz cuxo nome non ía saber. Pero sobre todo en como aos meus 20 anos xa non tiña vida, porque vivir sen liberdade non é vivir.

                                                           Eu, un de tantos, traidor para uns e asesino para os outros.


Autora: Sara García Pazos, 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario