Este blog recolle cartas elaboradas polos alumnos de 4º de ESO do IES de Brión na materia de Xeografía e Historia no curso 2016/17. Estes alumnos tivéronse que poñer na pel de persoas que viviron a Segunda Guerra Mundial para traballar a súa empatía histórica.
domingo, 7 de mayo de 2017
"Desexo de liberdade"
Querido Jack Blank:
Teño moitas cousas que contarche! Facía tempo que non che escribía, dende a morte de miña nai. A verdade é que non tiña moitas ganas de falar. Cada vez que recordo o seu corpo, alí, no chan, éntrame a coraxe. Quixen permanecer con ela, mais un soldado agarroume da man e non me deixou, levoume a unha esquina e intentou violarme. Coas poucas forzas que o meu corpo me ofrecía, defendinme propinándolle unha patada e botei a correr.
Días despois, houbo un bombardeo que arrasou con todas as casas. Eu estaba soa, xa que Frank rematou morto por mor deste último bombardeo. Vinme obrigada a ir coa señora Lauren, aquela que me deixaba ler libros na súa casa, deume todo o seu cariño e confesoume que era como unha verdadeira filla para ela.
Onte pareceume verte, case che falo, mais estaba errada na miña suposición. Lauren afirmoume que non eras ti. Espero que regreses pronto. Aínda me lembro de cando liamos contos e historias no sótano da casa. Desexo contarche máis cousas, pero non me é posíbel.
Déixote, non podo chegar tarde á fábrica. Que coraxe non poder facer nada para que esta situación remate dunha vez por todas. Agardo a túa resposta.
Moitos bicos e abrazos da túa amiga,
Xastia Berek.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario