domingo, 7 de mayo de 2017

Carta de Lena, Alemania

Querido papá:
Hoxe fai cinco meses que marcháches para a guerra, e na casa extrañámoste cada día máis. Boto de menos esas tardes nas que nos enseñabas a Max e a min a xogar ao xadrez, cando mamá e ti nos levabades de viaxe e cando nos contabas contos que te acababas de inventar.
Max e eu estamos ben, seguimos xogando ao xadrez case todos os días, pero xa non vamos de viaxe e mamá non nos conta contos. Está moi triste. Reza todos os días para que non che pase nada e poidas volver pronto a casa. Tamén reza por nos, para que tampouco nos pase nada, pois parece que a situación é cada vez peor. Apenas nos chegan os cartos para comprar comida, hai noites que temos que irnos á cama sen cear, e días que mamá ten que traballar o doble para poder conseguir algo máis de diñeiro, co que en realidade, apenas podemos comprar nada.
Mamá tamén deixou de enviarnos á escola, temía que nos pasase algo durante o camiño que tiñamos que recorrer sós cada día, pois as rúas empezan a ser menos seguras. Nós ao principio non queríamos deixalo, queríamos seguir vendo aos nosos amigos, xogar con eles no patio, pero agora, case un mes despois, xa non nos parece tan mala idea. Supoño que te acordarás da señora Agatha, a veciña. Agora danos clases polas tardes. E moi lista e pasámolo moi ben con ela. Ademáis, fíxose amiga de mamá e axúdanos en todo o que pode. Nos tamén lle axudamos a ela claro, e a veces incluso dorme na nosa casa, xa que vive sola, porque o seu marido tamén se foi á guerra, algo despois de que marcharas ti.
Onte entereime de que bombardearon ciudades cercanas, como Lübeck, fai apenas unha semana. Por sorte dónde vivimos non pasou nada, e dixeronnos que é pouco probable que aquí caia unha bomba. Oxalá sexa certo, e non o digan só para que non teñamos máis medo.
Espero que te atopes ben, que che guste esta carta e que poidas volver pronto, todos te botamos moito de menos.
Moitos bicos,

Lena. 


Autora: Carla Fernández Montero 4ªB

No hay comentarios:

Publicar un comentario