domingo, 7 de mayo de 2017

JAREK, nin o primeiro nin o último

1 de Setembro de 1940, Varsovia

  Querido pai:
     Un ano xa, un ano de tristeza e sinsudores, si, un ano desde que non te vexo e tampouco sei se o volverei a facer. A día de hoxe sego sen entender por que, día tras día llo pregunto a mamá e ela sempre me contesta o mesmo entre lágrimas, xa ven Jarek xa ven…. Pero nunca ves…
      Teño medo papá, cada vez escoito máis cerca esos abrumadores ruídos procedentes de bombas vistas cos meus propios ollos, que me teñen toda a noite en vela, preguntándome será esta a miña última noite?
      O outro día marchei da casa a dar unha volta, non aguantaba máis entre esas catro paredes de formigón que se derrumbarían en calquer momento. E non te podes imaxinar o que atopei, mortos papá eran mortos, mulleres, homes, incluso nenos e nenas que ían a escola comigo, pero…  por que papá, que está pasando, non me imaxino o día que chegues, para poder darche unha aperta e que me contes todo, porque non entendo nada, quérote papá, nunca o olvides…

Teu fillo,  JAREK


Varsovia en ruinas









autor: Pablo Castro Casal 4ºB

No hay comentarios:

Publicar un comentario