domingo, 7 de mayo de 2017

Elisabeth Schneider e a esperanza



Berlín 22/xullo /1944



Querida mamá:

Sei que nunca vas recibir esta carta, pero escribirche e pensar en ti axúdanme a levar a vida. Desde que a SS te levou por axudar aos Steirner, os nosos veciños xudeus, nada volveu andar ben. O suicidio de papá tras a túa marcha, foi tan difícil de aceptar que quedamos transtornados, sen saber que facer, tres días sen saír da casa, comendo só restos, sen luz, tapiados. Que duro foi mamá querida! Papá morreu por pena de vernos pasar fame e frío e que ninguén nos quixera axudar. Non aturou que nos chamasen traidores e nos escupisen. Nunca me imaxinei na miña infancia feliz en Berlín que aos quince anos tería que enterrar a meu pai e convertirme en nai dos meus irmáns, iso que sempre me chamabas toliña.
O meu día a día é pensar como dar de comer aos nenos, mamá, como conseguir cartillas de racionamento e quitarlles o medo dos bombardeos. Cada persoa nova que vexo lle pregunto polo tren no que te viron por última vez. Saio de noite a buscar o que pillo por aí, ás veces con medo , ultimamente os soldados borrachos violan as rapazas , dá igual a idade, paso moito medo. Tamén coñecín aos da resistencia, amigos teus que axudan aos xudeus, pero eu non son valente coma ti.
Acabo rebentada de camiñar xa que case non descanso en toda a noite, e sen mobilidade nas pernas metidos no armario porque nos sentimos máis seguros, non quero que me saquen os nenos e escóndoos. Pero o peor de todo son os bombardeos na noite, a xente correndo deseperados en pixama cara ao refuxio común, a unha rúa da nosa casa, eu histérica levando aos meus irmáns que choran de fame e medo, collidos da man para non perdelos. Horas e horas metidos alí, sen falar, miro a cara de susto de todo o mundo, a tristeza, o silencio, todos calan e éntranme ganas de chorar,
de berrar que quero saír de alí, pero non choro,nin berro, canto. E así todos os días, empezo unha canción que seguen os demais, baixiño para non alertar, e darnos ánimos.
Esta semana caeron bombas seguido, din que estamos perdendo a guerra, que Hitler fuxíu e os campos de concentración son abandonados, e nós aquí atrapados. Que vai ser de nós? Din que os aliados nos matarán a todos.
Por que? Non o entendo, que culpa teño eu e meus irmáns? Que mal facían os xudeus? se eu xoguei sempre co meu veciño Aaron e eramos amigos, nunca pelexamos, eran bos, xenerosos, amables con todos. Odio a Hitler e aos homes que provocan a desgraza dos pobos por querer dominar o mundo e ter máis poder!
Ai mamá, canto te boto de menos...canto soñan os meus irmáns en alto berrando por ti! O único consolo que encontro no meu corazón sen vida é a esperanza de que todo isto acabe e volvamos estar xuntos, e que os teus brazos
me rodeen prometéndome que todo irá ben e non vou morrer.

Quérote mamá, onde queira que esteas.


Elisabeth






Flavia Fernández Borrazás 4ºA



No hay comentarios:

Publicar un comentario