lunes, 1 de mayo de 2017

Carta de Lillian, unha enfermeira británica

Queridos pai e nai:

Mándovos esta carta para contarvos a situación que estou a pasar estes días, por si acaso nunca poidera regresar a casa, asi saberán a situación que estamos a pasar todos aquí, en especial nos, as enfermeiras británicas.

O noso traballo aquí consiste en atender e curar a todos os soldados malferidos que nos traen a enfermería. Estaredes pensando que polo menos so estou de enfermeira e non me vai poder pasar nada, pero non. A semana pasada bombardearon unha cidade cercana a Londres e moitos dos soldados quedaron malferidos, polo que varias de nos tivemos que ir nas ambulancias a coller o maior número de feridos en cada unha delas e volver con todos eles a enfermería mentres o inimigo seguía bombardeando a cidade. Conseguimos traer a unha gran cantidade de feridos pero tres das vinte e oito ambulancias que foron en busca de feridos aínda hoxe en día non chegaron. Isto faime pensar ao perigo que nos temos que enfrentar día a día, podendo morrer en calquera momento.

Por si eso parecera pouco, cinco dias despois de ter que ir buscar aos feridos en ambulancia mentres eramos bombardeados, colleron case a metade das enfermeiras británicas, entre elas eu, e mandáronnos a entrar en combate debido a que eran poucos porque a maioría dos soldados estaban malferidos. Foi un combate horrible debido a que algunhas de nós non sabíamos manexar armas, e a preparación que nos deran anteriormente dunhas dúas horas serviunos de pouco. Desgraciadamente nese combate morreron cinco soldados e doce enfermeiras, e moitos outros quedaron feridos, entre eles estaba eu, aínda que por sorte non é algo moi grave, así que non vos preocupedes.

Aquí estouno pasando moi mal, non teño noticias de vós nin de ninguén. Tampouco sei como estará o meu marido, se seguirá vivo ou estaba malferido e ía nunha desas tres ambulancias que nunca chegaron.

Por momentos como os que aquí estou vivindo, preferiría ter morto fai moito tempo. Xa que aqui o único que ves e fas e ver sangue, mortos e cidades derrubadas por todos lados. Ademais aquí xa vin morrer a moitas das miñas amigas, que coma min, estaban lonxe das súas familias. O único no que penso para manterme forte e continuar, e en volver a reunirme con vós, co meu marido e co meu fillo, e volver a ser unha familia normal coma antes, unida e feliz. Así que eu non vou perder a esperanza de que esta guerra remate pronto e nos volvamos reunir.


Quérevos, Lillian!!!


Autora: María del Carmen Baña Suárez, 4ºB


No hay comentarios:

Publicar un comentario