Bernau, 11 de agosto de 1941
Querida
Edeltraud:
Xa pasaron
máis de cen días desde que marchaches para Manchester e cada vez faise máis
dura a vida sin ti. Papá xa leva catro meses no fronte e acaban de reclutar a
Bastian para o exército. Agora só quedamos mamá e eu, e a miseria que cobra por
traballar a xornada completa na fábrica non chega nin para alimentarnos a nós
as dúas máis a Asher e Dania e o seu pequeno. Sinto moita lástima por eles;
pasan a maior parte do día no sótano porque os controis policiais son cada vez
máis frecuentes e mamá ten medo a ser detida por axudalos. Ata agora fomos capaces de sobrevivir, ainda que a
duras penas, só cos ingresos de mamá, pero a situación volveuse insostible, así
que hai dúas semanas comecei a traballar na fábrica eu tamén. Non paso alí
tantas horas como mamá, porque tamén teño que atender as plantacións, pero que
me leve Deus se minto que o cansancio e o agotamento son insportables.
Todo cambiou
moi rápido, a diversión e o entretemento xa quedaron olvidados no pasado. A monotonía
invade os meus días Edel… Ir á fábrica, traballar nos cultivos e agardar desesperadamente
a que cheguen cartas de Bastian e de papá dicindo que están ben e que voltarán
para casa pronto. Ultimamente xa non hai tantos bombardeos, pero o temor non
cesa. Agora o único trascendente é que todos nós cheguemos ao final da guerra.
Espero que nos poidamos reunir todos moi pronto querida irmá, e tamén espero que
non atopen a Asher, Dania e Yedael (casi me olvidaba de dicirche que che mandan
saúdos, eles tamén te botan de menos).
Coidate
moito,
Dörte
Mamá e outras copañeiras da fábrica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario