1945, Á miña
querida Anna,
Son Johanna, escríboche para despedirme, non creo nin sequera que poidas chegar a ler esta carta. Todo o noso pequeno Berlín está destruído, a xente ou foxeu, está retida ou morta, eu non podo saír á rúa, cando o fago, cúbrome a cara de barro e cinza e finxo ser coxa, dixéronme que así non me farían dano. Pero eu sei que se me atopan o van facer, e o fixeron.
Despois de que
marcharas co teu neno, tiven que agocharme ca miña curmá na nosa casa, cando
chegaron crían que non había ninguén. Estaba tan destrozada que xa nin
entraron. Pero, un deles viume, viume e fixo como se nada. Agradecinllo coa
mirada, cando os seus compañeiros estaban lonxe, fíxome un xesto coa man para
que saíra, ao principio non lle fixen caso, pero ensinoume un anaco de pan que levaba agochado, cando saín, de seguida
apareceron os demais, agarráronme polas pernas e polos brazos, eu gritaba e
gritaba pero o único no que podía pensar era en que non atoparan á miña curmá,
eles estábanse divertindo, moito. Violáronme, non vou usar ningunha outra
palabra, violáronme, pegáronme e insultáronme.
O soldado que me
enganou, Allen, poñía no seu traxe, estaba rindo e comendo o pan. Eu o único
que podía facer era pechar os ollos contendo as bágoas esperando a que
rematase. Cando remataron colléronme. Podía sentir como a miña curmá me
observaba cos seus ollos azuis cheos de odio e rabia. Espero que estea ben.
Leváronme ao centro
da cidade, coas demais. Alí descubrín que non fun a primeira á que lle fixeron
iso, e que non iba a ser a última. Podía ler nos periódicos como os americanos eran
uns heroes que nos liberaron do nazismo, isto matábanos a todas por dentro.
Como dixen, escríboche esta carta para despedirme, estou embarazada e non penso
telo. Conseguín un coitelo, e non vou dubidar en utilizalo. Non podo vivir con
isto no meu interior, nos teñen dito que o merecemos polo que lle fixemos aos
xudeus. Eu non fixen nada, eu nin sequera estaba do lado de Hitler, como moitas
de nós, pero obviamente somos as que temos que pagar as consecuencias.
Unha forte aperta,
a túa amiga Johanna.
Autora: Paula Muelas Ferreiro 4ºA

No hay comentarios:
Publicar un comentario