sábado, 6 de mayo de 2017

Carta do soldado Matthew Williams

En Febreiro

Querida M.:

Espero que esta carta atopese entre as tuas mans nos meus últimos instantes e non sexa interceptada. Deixei de contar os días que levamos esquivando balas e rezando por unhas horas mais. Encontrámosnos no paso de Kasserine, nas montañas que se encontran en Túnez, quen ibame a dicir que esos lugares, que de pequeno miraba nos vellos mapas da escola os vería agora, con homes sangrando no chan e suplicándolle a algo ou a alguen clemencia.
 
Arrepintome de alistarme nas tropas, sé cun soldado non debería de facer tales afirmacións, pero supoño que todo o falso patriotismo que embargárame naquela época xa está desvanecido. Sé de boa man que esto servirá a un ben común, Estados Unidos está cada vez mais preto de gañar e sé que é o correcto, pero non somos uns santos e nos facemos chamar como eles. O ben común, polo bien común, é un mantra que repitome unha e outra vez mentras invadimos o tipico poblo que xa non sei onde queda, mentras saqueamos, e mentras quitamos outra vida, e honestamente é o único que me mantén minimamente cordo e en pé.
Espero que Brandon  esté ben, como irmán maior teño que preocuparme e intentar enderezalo; non?, hoxe vin nos ollos dun dos mais xovenes do batallón a Brandon. Era un neno, menudo, uns 16 anos, que sen saber nada do mundo xa tiña nas súas mans un arma. Horas antes lucía unha especie de falso bravado nos seus ollos mentres ría en contadas ocasións, ou sacaba unha fotografía do uniforme para mirala uns instantes e volvela a poñer no seu lugar, pero nese instante M., o vín. Vín como a treinta pés da miña posición entrelazaba  a sua  mirada coa miña, como os seus ollos tremían de medo e como segundos despois, que a min parecéronme unha eternidade, encaixabanlle unha bala de plomo entre as costelas e caía coma un peso valeiro no campo, xunto con un cento coma él.

E non hay noite nin día no que non me acorde dese neno e de como o meu cerebro sustitue a sua cara, seu rostro, polo do meu irmán pequeno, engadíndose esto a outra especie de tortura a lista das que me atormentan hoxe en día.

Quero que me fagas un favor, escribo esto porque sei que mañá probablemente este morto e xa non teña ocasión de decilo, dille a miña nai que o sinto, sinto facer que enterre ao seu fillo antes de tempo, sinto que tivese que pasar meses rezando polo meu regreso, sano e salvo, e que sempre agradecerei todo o que fixo por min, ata no momento da miña morte.
Dille a Brandon que o seu irmán morreu coma un héroe, que a guerra vaise rematar e sairemos vencedores. Non permitas que cometa os mesmos errores ca min, e desperdicie a súa vida entre cadáveres.
E quero decirche M., que oxalá te houbese acompañado aquela vez para marcharnos da cidade e visitar a feira de Outono, quizás se o houbese feito, non houbese sido tan cobarde como o estou sendo agora, dicindote por escrito nunha carta, que é probable que nunca a recibas pero que eu espero que te chegue. A de veces que gustaríame haberte estreitado entre os meus brazos e non moverme de alí.
Quizás penses que asumir que voume morir mañá é unha tolería, pero levamos sen comer días, supoño co racionamento tamén haberá chegado ata ahí, pero non é moi bó non comer mentras tes unha bala perforándote a perna. Se non é o desangre será o inimigo, iso non me precupa. Gustaríame sair de aiquí, ir ao columpio que o noso pai nos fixo de pequenos con aquela roda xigante, e ver como desvanecese o día e non vidas humáns.

Espero volver a veros, ese é o meu derradeiro desexo
Con cariño,

Matthew Williams


Autora: Raquel Casal Fernández, 4ºA


No hay comentarios:

Publicar un comentario